As miñas asignaturas favoritas son a informmática e o galego, polo tanto dedicarei unha parte do meu blog á informática en galego:
Que é a informática?
A informática é a ciencia que estuda métodos, técnicas, procesos, co fin de almacenar, procesar e transmitir información e datos en formato digital.
Orixe
Nos inicios do proceso da información, coa información só se facilitaban os traballos repetitivos e monótonos da área administrativo. A automatización de eses procesos trouxo como consecuencia directa unha disminución dos costes e un incremento na produtividade. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e metodoloxías para o desarrollo de software, a arquitectura de computadores, as redes de computadores, a intelixencia artificial e certas cuestión relacionadas coa electrónica. Pódese entender por informática á unión sinérxica de todo este conxunto de disciplinas. Esta disciplina aplícase a numerosas e variadas áreas do coñecemento ou a actividade humana. Actualmente é difícil concebir unha área que non utilice, dalgunha maneira , o apoio da informática. Esta pode cubrir un enorme campo de funcións, que van dende as máis simples cuestións domésticas ata os cálculos científicos máis complexos. Entre as función principais da informática encóntranse as seguintes:
- Creación de novas especificacións de traballo
- Desarrollo e implementación de sistemas informáticos
- Sistematización de procesos
- Optimización dos métodos e sistemas informáticos existentes
- Facilitar automatización de datos
Historia
A informáica desarrollouse a partir da segunda metade do século XX, coa aparición de tecnoloxías tales coma o circuito integrado, o internet e o teléfono móvil.
En 1957 Karl Steinbuch añadiu a palabra alemana "Informatik" na publicación dun documento denominado "Informatik: Automatische Informationsverarbeitung" (Informática: preocesamento automático de información). O ruso Alexander Ivanovich Mikhailov foi o primeiro en utilizar "Informatik" co significado de "estudo, organización, e a diseminación de información científica", que segue sendo o seu significado en dita lingua. En inglés, a palabra "informatics" foi nomeada independiente e case simultáneamente por Walter F. Bauer, en 1962, cando Bauer cofundou a empresa denominada Informatics General, Inc. Actualmente os angloparlantes utilizan o termo "computer science", traducido coma "cienca de computación", par designar tanto o estudo científico como o aplicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario