Hardware
O termo "hardware" refírese a todas as partes físicas dun sistema informático; os seus compoñentes son: eléctricos, electrónicos electromecánicos e mecánicos. Son cables, gabinetes ou caixas, peiféricos de todo tipo e calquera outro elemento físico involucrado; contrariamente, o soporte lóxico é intanxible e é chamado "software". O termo é propio do idioma inglés, a súa tradución ao galego non ten un significado acorde. A Real Academia Galega defíneo como "conxunto dos compoñentes que integran a parte material dunha computadora". O termo, aínda que sexa o máis común, non soamente se aplica ás computadoras; do mesmo modo, tamén un robot, un teléfono móvil, unha cámara fotográfica, un reprodutor multimedia ou calquer outro eletrónico que procese datos ten hardware (e software).
Hardware típico dunha computadora persoal:
- Monitor
- Placa principal
- Microprocesador (CPU) e zócalo
- Un módula de RAM e tres ranuras
- Dúas tarxetas de expansión e tres ranuras
- Fonte de alimentación
- Unidade de disco óptico (CD, DVD, BD)
- Unidade de disco duro ou unidade de estado sólido
- Teclado
- Ratón