viernes, 9 de octubre de 2015

Hardware

O termo "hardware" refírese a todas as partes físicas dun sistema informático; os seus compoñentes son: eléctricos, electrónicos electromecánicos e mecánicos. Son cables, gabinetes ou caixas, peiféricos de todo tipo e calquera outro elemento físico involucrado; contrariamente, o soporte lóxico é intanxible e é chamado "software". O termo é propio do idioma inglés, a súa tradución ao galego non ten un significado acorde. A Real Academia Galega defíneo como "conxunto dos compoñentes que integran a parte material dunha computadora". O termo, aínda que sexa o máis común, non soamente se aplica ás computadoras; do mesmo modo, tamén un robot, un teléfono móvil, unha cámara fotográfica, un reprodutor multimedia ou calquer outro eletrónico que procese datos ten hardware (e software). 
Hardware típico dunha computadora persoal:
  1. Monitor
  2. Placa principal
  3. Microprocesador (CPU) e zócalo
  4. Un módula de RAM e tres ranuras
  5. Dúas tarxetas de expansión e tres ranuras
  6. Fonte de alimentación 
  7. Unidade de disco óptico (CD, DVD, BD)
  8. Unidade de disco duro ou unidade de estado sólido 
  9. Teclado
  10. Ratón 

miércoles, 7 de octubre de 2015

Software

É o conxunto dos programas de cómputo, procedementos, regras, documentación e datos asociados, que forman parte das operacións dun sistema de computación.
O termo "Software" utilizouse por primeira vez neste sentido por John W. Tukey en 1957. Na inxeniería de software e as ciencias de computación, o software é toda a información procesada polos sistemas informáticos: programas e datos.

Resultado de imagen de software

Clasificación 

Según os fins prácticos:
   1.   Software de sistema:o seu obxectivo é desvincular adecuadamente ao usuario e ao programador dos detalles do sistema informático en particular que se use, aillándoo especialmente do procesamento referido ás características internas de: memoria, discos, portos e dispositivos de comunicacións, impresoras, pantallas, teclados, etc. O software do sistema procúralle ao usuario e programador adecuadas interfaces de alto nivel, controladores, ferramentas e utilidades de apoio que permiten o mantemento do sistema global. Inclúe entre outros:
  • Sistemas operativos
  • Controladores de dispositivos
  • Ferramentas de diagnóstico
  • Ferramentas de corrección e optimización
  • Servidores
  • Utilidades
   2.    Software de programación: é o conxunto de ferramentas que permiten ao programador              desarrollarprogramas informáticos, usando diferentes alternativas e linguaxes de programación, dunha maneira práctica. Inclúen básicamente:
  • Editores de texto
  • Compiladores
  • Intérpretes
  • Enlazadores
  • Depuradores
  • Entornos de Desarrollo Integrados
  3.  Software de aplicación: é aquel que permite aos usuarios levar a cabo unha ou varias tareas específicas, en calquera campo de actividade susceptible de ser automatizado ou asistido, con especial énfase nos negocios. Inclúe entre moitos outros:
  • Aplicacións para control de sistemas e automatización industrial
  • Aplicacións ofimáticas
  • Software educativo
  • Software empresarial
  • Bases de datos
  • Telecomunicacións
  • Videoxogos
  • Software médico
  • Software de cálculo numérico e simbólico
  • Software de deseño asistido
  • Software de control  numético