viernes, 9 de octubre de 2015

Hardware

O termo "hardware" refírese a todas as partes físicas dun sistema informático; os seus compoñentes son: eléctricos, electrónicos electromecánicos e mecánicos. Son cables, gabinetes ou caixas, peiféricos de todo tipo e calquera outro elemento físico involucrado; contrariamente, o soporte lóxico é intanxible e é chamado "software". O termo é propio do idioma inglés, a súa tradución ao galego non ten un significado acorde. A Real Academia Galega defíneo como "conxunto dos compoñentes que integran a parte material dunha computadora". O termo, aínda que sexa o máis común, non soamente se aplica ás computadoras; do mesmo modo, tamén un robot, un teléfono móvil, unha cámara fotográfica, un reprodutor multimedia ou calquer outro eletrónico que procese datos ten hardware (e software). 
Hardware típico dunha computadora persoal:
  1. Monitor
  2. Placa principal
  3. Microprocesador (CPU) e zócalo
  4. Un módula de RAM e tres ranuras
  5. Dúas tarxetas de expansión e tres ranuras
  6. Fonte de alimentación 
  7. Unidade de disco óptico (CD, DVD, BD)
  8. Unidade de disco duro ou unidade de estado sólido 
  9. Teclado
  10. Ratón 

No hay comentarios:

Publicar un comentario