INKSCAPE
Inkscape é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG. Este programa xurdiu dunha bifurcación do proxecto Sodipodi.
As características de SVG soportadas inclúen formas básicas, camiños, texto, canle alfa, transformacións, gradientes, edición de nodos, exportación de SVG a PNG, agrupación de elementos etc.
A principal motivación de Inkscape é proporcionar á comunidade unha ferramenta de código aberto de debuxo SVG que cumpra completamente cos estándares XML, SVG e CSS2.
Inkscape atópase desenvolto principalmente para Linux, pero é unha ferramenta multiplataforma que funciona en Microsoft Windows, Mac OS X, e outros sistemas operativos similares a Unix.
Inkscape ten un bo soporte multilingüe particularmente para scripts complexos e atópase distribuído baixo a Licenza Pública Xeral GNU, polo que é software libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario